Un cielo impasible

Director: David Varela
Ano: 2021
Duración: 81 min
Xénero: Documental
Sinopse:

Zona oeste de Madrid. Lugar onde sucedeu unha das batallas máis cruentas e mortíferas da Guerra Civil Española. Un grupo de adolescentes investiga, recita e debate sobre os testemuños dos soldados que loitaron durante eses terribles días; fan súas as vivencias dos veteranos e os mortos.

Mentres, a película muta, adáptase e vaise construíndo a través da súa mirada: a dunha nova xeración que se abre ao diálogo e revisa criticamente a escola e a memoria histórica dun país en permanente polarización.

Proxeccións:

Venres 16 de setembro de 2022
· 20:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)