Masterclass
A Representatividade e representación das mulleres
no Audiovisual Galego. Ficción 2020

Adriana Páramo

Este informe, o primeiro deste tipo no eido galego, busca impulsar a investigación con perspectiva de xénero sobre a realidade audiovisual en Galicia, analizando os contidos de ficción que se produciron no ano 2020.  O informe, analiza a situación das mulleres nos postos de representatividade, indaga nos roles e vínculos representados na pantalla, e ademais inclúe unha análise fílmica, analizando planos das longametraxes, e un dossier educativo para uso escolar. Adriana Páramo, unha das investigadoras, presentará esta charla onde explicará como se levou a cabo e amosará as conclusións máis relevantes, falando das cifras e imaxes analizadas.

O equipo de Investigación estivo coordinado por Mariana Carballal e constituído por Iria Vázquez, Amada Traba, Chis Oliveira, Adriana Páramo, Cinthia Bodenhorst, Lucía Pérez Plaza e Sara Traba. O informe realizouse co patrocinio da Fundación Carlos Velo, Deputación de Ourense e AGADIC – Xunta de Galicia.

 

ADRIANA PÁRAMO

Adriana Páramo é cineasta e investigadora. Despois de licenciarse en Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela, cursa un máster en dirección de cine na London Film School. Anatomía dunha serea, o seu máis reciente traballo como directora, é un corto documental que denuncia a existencia da violencia obstétrica, sendo seleccionado en numerosos festivais feministas e obtendo o premio CIMA á mellor dirección muller. Conta con outras dúas curtas, Galicia. Portobello Road (2014) e Illa Pedra (2010), que se converteu na primeira curta de ficción en galego con audiodescrición para invidentes. En Londres traballa durante máis de sete anos como xefa de produción de cinema independiente e de corporativos para clientes como Unilever ou futbolistas como Messi. Tamén funda en Londres o Galician Film Forum (2015), a primeira organización que exhibe cinema galego no Reino Unido. Na actualidade investiga sobre a representación da muller embarazada na pantalla para a súa tese de doutoramento na Royal Holloway University (Londres), tendo sido invitada a participar en numerosas conferencias como o XXII Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (Varsovia, 2022) ou o simposio ‘Maternal Narratives on Screen’ (2023), organizado pola Universidade de Manchester, e ten publicado en revistas académicas como Iberian Journal Studies ou Galicia 21.

Inscrición

Masterclass

A Representatividade e Representación das mulleres no Audiovisual Galego. Ficción 2020 
Adriana Páramo
venres, 8 de setembro de 2023
19:00
Instituto Camões Vigo. Praza de Almeida s/n