O numéro gañador no sorteo para disfrutar dun fin de semana na casa de turismo ural Casa do Sear é... o 212.
A persoa agraciada debera porse en contacto coa organización no seguinte enderezo electrónico: direccion@primaveradocine.com.
Tras cinco días de proxeccións nos que se exhibiron 22 curtametraxes, 13 videoclips e 8 longametraxes realizadas pola xente do audiovisual galego, os espectadores da IV Edición do Festival Primavera do Cine en Vigo decidiron que os tres gañadores deste ano sexan:
Para calquera información, contacta connosco
info@primaveradocine.comEsta edición proponse dar a coñecer aos máis pequenos o cine máis clásico, a través da proxección de curtametraxes musicalizadas en vivo polo trío musical Caspervek.
As proxeccións: “Les Kirike” e “A Casa Encantada” de segundo de Chomón, “O Inmigrante” de Charlie Chaplin e “Félix o gato”.
No Auditiorio do Concello, xoves 4 e venres 5 de xuño
O Festival Primavera do Cine quere compartir ademais de bo cine, boa música.
Diferente, auténtico, encantador, y sí, realmente adhesivo.
A música brasileira, definitivamente, ten "algo". Joao, Antón Galovart e Roi Adrio tamén.
Non cabe dúbida de que os seus ritmos afro-baianos saberán animar a noite...
Coñece o traballo diario de un guionista y director en activo, que traballa nos principais canales de televisión de España.
Decubre todas as facetas deste oficio nunha clase maxistral de 3 horas: deseño de personaxes, fases de redacción, qué es unha biblia, éxitos y fracasos desde el punto de vista del guión, el trabajo con los actores, el guión en publicidad,...
No Auditiorio do Concello, Sábado 6 de xuño
Proxección de pezas breves de cine mudo musicalizadas en directo por Caspervek Trío, que interpretarán composicións orixinais feitas para eses filmes.
Curtametraxe “Água” (Manuel Carneiro, 2014) dentro da mostra de cine lusófono.
Longametraxe “Une histoire seule” (Xurxo Chirro, 2014). Debate posterior.
Viños e petiscos.
A presentación da gala correrá a cargo de Inversa Teatro, con dúas persoaxes que veñen do seu último espectáculo “Té con Kant”.
Antes da entrega de premios (na que sempre cae algunha bágoa), proxección do filme “O estranho caso de Angélica” (Manoel de Oliveira, 2010) en homenaxe a un dos mestres do cine.
Música en directo do grupo Camarada Nimoy e petiscos de luxo a modo de despedida. Emoción asegurada.
A apertura do festival ao cine lusófono foi un bo motivo para colaborar co Instituo Camões.
Asi poderemos ofrecerlles unha proxección especial da obra do gran Manoel Oliveira, "O estranho caso de Ángelica", durante a gala de clausura.
Agradecemos tamén a Joao Ribeirete a súa implicación e regálanos unha entrevista de Xurxo Chirro.
O pasado venres 29 de maio, Juan de Castro, Director do festival, xunto a Cayetano Rodríguez, Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, inauguraban oficialmente ante a prensa a cuarta edición do Festival Primavera do Cine en Vigo.
Cayetano Rodríguez enxalzou a calidade do festival e a súa internacionalidade, e defendeu o compromiso do Concello, mentras Juan presentou a selección oficial, a mostra
lusófona e as actividades complementarias.
Isto vai comezar!