Reencanto Producións

Reencanto Producións

Reencanto Producións é unha plataforma cultural nada en tempos de crise coa intención de crear contidos culturais que propicien a evolución social dun xeito participativo e flexible. A nosa é unha proposta en positivo; cremos firmemente no poder transformador da cultura para avanzar cara unha sociedade aberta, responsable e solidaria. 

OS NOSOS PROXECTOS

O Festival Primavera do Cine xorde en Vigo en 2012 pola necesidade de achegar ao seu público natural as películas filmadas por profesionais do sector cinematográfico galego, cuxo talento merecía ser dotado dun espazo propio. Co paso dos anos, e grazas á progresiva e colaboración do Ministerio de Cultura de Portugal, o Primavera do Cine converteuse no primeiro festival dedicado a difundir e tender pontes entre a cinematografía galega e a lusófona. Reencanto Producións é tamén a creadora e xestora da Mostra Do Posible, un evento que naceu en 2017 como espazo de encontro entre entidades de economía solidaria e movementos sociais co obxectivo de dar a coñecer dun modo rigoroso á vez que lúdico as ferramentas dispoñibles para construír unha sociedade máis xusta e sostible. Na súa terceira edición, celebrada en Cangas do Morrazo o 5 e 6 de outubro de 2019, participaron neste encontro medio centenar de entidades galegas e estatais.