Amor Fati

Director: Cláudia Varejão
Ano: 2021
Duración: 102 min
Xénero: Documental
Sinopse:

Amor Fati tradúcese literalmente como “Amor ao Destino”. O concepto en latín engloba un dos principios básicos do estoicismo: decatarnos do que podemos controlar e do que non. Ese concepto vertebra esta terceira película da cineasta portuguesa Cláudia Varejão, que transporta ao seu público a un universo paralelo onde a realidade se transforma en soño. Como un conxunto de haikus visuais reunidos nun só volume, as diversas secuencias que compoñen a cinta poñen a proba a nosa capacidade para seguir unha historia que, a primeira vista, parece incomprensible a pesar do seu atractivo. Varejão presenta a unha serie de personaxes que comparten unha sensibilidade única, unha percepción que nace do seu encontro coa súa "outra metade", unha persoa que os completa e lles axuda a se sentir ancorados ao mundo.

Con Ana Carvalho, Antonia Gárcia, Lucinda Piloto, Samira Garcia, Narine Dellalian, Levon Mouradian

Proxeccións:

Xoves 15 de setembro de 2022
· 22:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)