Gala de clausura

O acto de clausura desta 12ª edición do festival contará coa actuación de Oswaldo Oro e a proxección do filme Carmen, de Gonzalo Cornide.

  •  
OSWALDO ORO

Nace en Vigo e iníciase na música da man do seu avó, o músico e compositor José Oro Val. Estuda no conservatorio Mayeusis cos profesores Pedro Diaz, Ernesto Campos, compositor de extensa traxectoria, e Rimas Zdanavicius, do que recibe as súas primeiras leccións de canto. Durante ese período, fórmase con Margarita Escarpa, primeiro premio no XX “Só Guitar Competition”, organizado pola “Guitar Foundation of America” Québec ; José Luis Fernández; Tomás Camacho, alumno de José Tomás, Andrés Segovia, John Williams, Narciso Yepes… e ao que o propio Joaquín Rodrigo cualificou como excelente guitarrista e magnifico interprete das súas obras.

Participou en seminarios cos guitarristas máis destacados do panorama nacional e internacional: David Russel, Eduardo Baranzano, Jorge Cardoso, Fabio Zanon, Ricardo Gallén, Ricardo Barceló, Daekun Jang, Marco Socias, Alex Garrobé e un longo etcétera. Paralelamente, estuda arranxos de composición e guitarra de jazz na escola “Jazz ao norte” do Porto, asistindo a diversos seminarios desta disciplina e enriquecendo a súa formación con clases de flamenco.

A súa temperá faceta compositiva é moi ampla: da súa autoría son, a música para a obra de teatro “As bolboretas son libres” de Leoard Gershe, representada no ano 2004. Conta tamén con cantidade de obras instrumentais de diversos estilos e numerosas cancións, onde queda reflectida a súa formación e preferencias musicais.

EL VALS DE LOS AÑOS, é o seu primeiro traballo discográfico baixo o nome artístico, Oswaldo Oro, do que é ademais de cantante, compositor, arreglista e instrumentista (tocando a guitarra, voces, teclados, sintes, hammond… ) e correspondendo a autoría das letras, á súa irmá, a escritora Raquel Costal Oro. Da man do artista e produtor, Paco Ortega, presentou este proxecto coa participación de músicos de altísimo nivel e recoñecido prestixio como, Anye Bao, Manolo Nieto, Diego Magallanes, ou o italiano, Walter Tesiorere.

A súa obra, LABAS ( ola en lituano) foi incluída no disco, La Guitarra Clásica Gallega, de Samuel Diz, no que figuran autores da célebre residencia de estudantes madrileña, como o lucense, Bal y Gay e a súa esposa, e discípula de Manuel de Falla, Rosa Ascot.En 2016, álzase co primeiro premio, no concurso de Composición a nivel mundial, FIDELIO, coa obra Zeugma, quedando segundo o Alemán Richard Vaughan e terceiro, Vladimir Gapontsev (Russia).

 

Recentemente vén de gravar en Londres, co prestixioso produtor e enxeñeiro de son, Matt Lawrence, gañador dun Grammy.

 
  •  

Proxección de clausura

Carmen
 

Carmen

Fernando Cornide
FERNANDO CORNIDE

Director e Realizador do proxecto. Nado en Vigo no ano 1995. Aos 18 anos mudouse a Madrid para empezar os seus estudos de arte dramática no Estudio de Juan Carlos Corazza. No seu segundo ano comezou paralelamente estudos universitarios co Grao en Comunicación na Universidade Internacional da Rioxa. A través do teatro e a creación de contido audiovisual leva toda a vida tratando de contar historias.

  •  

Evento

Gala de clausura

Domingo 10 de setembro | 20 h.

AUDITORIO DO CONCELLO

Oswaldo Oro

Oswaldo Oro