The death

Director: Pablo Vázquez
Ano: 2021
Duración: 30 min
Xénero: Documental
Sinopse:

Quince anos despois, tres amigos rememoran vellos tempos a través dunha película que filmaron cando eran nenos: The Death. Á súa vez, o director do documental reflexiona sobre a importancia que esta obra tivo na súa traxectoria e na súa vida. Unha homenaxe ás amizades da infancia e á inocencia do cinema caseiro feito por pura diversión.

Proxeccións:

Martes 13 de setembro de 2022
· 18:00 Auditorio do MARCO (Príncipe 54)