O Profesor
José Carlos Cermeño Iglesias ten 90 anos. En primavera, en canto a chuvia dá un respiro, fai a maleta e pon rumbo ao seu sitio favorito do mundo: as Illas Cíes, onde é coñecido como “o profesor”. Leva pasando os veráns alí desde que era neno (ou como di el: “desde que levaba pantalóns cortos”), e tempadas máis longas desde que xubilou.
Cermeño é un personaxe único, o derradeiro da súa quinta que ano tras ano permanece meses nas illas, a pesar de atoparse cada vez máis maior e só. Os demais integrantes da súa pandilla faleceron ou non contan co seu envexable estado de saúde, que lle permite seguir mantendo unha inusual vivenda para unha persoa da súa idade: unha tenda de campaña. A súa visión deste singular territorio dista moito do discurso maioritario puramente turístico. O profesor ten rutinas, amizade cos traballadores das illas e os propietarios das casas e centos de anécdotas ligadas ás Cíes, o que constitúe un documento único para resaltar o valor social e patrimonial das illas.
- Desafío Audiovisual Illas Cíes 2022 (gañadora)
Martes 13 de setembro de 2022
· 18:00 Auditorio do MARCO (Príncipe 54)