Parolar cun eu

Director: Xisela Franco
Ano: 2021
Duración: 20 min
Xénero: Documental
Sinopse:

Unha muller se despraza por unha cidade, Vigo. Cineasta, escritora, camiñante entre ruínas. Margarita Ledo. Busca un sinal que a leva á fábrica de cerámica Álvarez. Pasos perdidos sobre cascallos e, a súa vez, unha experiencia inzada de interrogantes, do paso do tempo, dos distintos estados da desaparición que levan á morte pero que, paradoxalmente, aparecen como memoria viva dunha ruptura traumática. O cartaz como acto de invocación dunha cidade fabril que liscou, patrimonio industrial ensombrecido pola crise e a especulación.

E o corpo en movemento e a solidariedade, como actos de esperanza. Ou o cinema, resina e ouro que reconstrúe sobre as fracturas do pasado.

Con Margarita Ledo

Proxeccións:

Xoves 15 de setembro de 2022
· 18:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)