Rompente

Director: Eloy Domínguez Serén
Ano: 2022
Duración: 26 min
Xénero: Ficción
Sinopse:

Santi é un pai adolescente que vive nunha pequena vila costeira. De día traballa nas bateas e polas noites marisquea de maneira furtiva. Mentres a súa moza Lucía asume en soidade o coidado do bebé de ambos, Santi, ausente e afogado pola responsabilidade, busca refuxio e redención no mar.

Con Sergio Baleirón, Soraya Luaces e Vicente Mohedano

Proxeccións:

Venres 16 de setembro de 2022
18:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)