Liña de fuga

Director: Marta Blanco
Duración: 65' min
Xénero: Experimental
Sinopse:

Liña de fuga comeza como un diario íntimo e vai abríndose aos outros e á cidade. Nun percorrido nómade por Coimbra e os escenarios do festival Linha de fuga, a película vaga e transfórmase, tal e como a vida faio cando sae ao teu encontro. E ese corpo que se achega a unha nova cidade nun transcorrer sen tempo, extraído da súa propia existencia, acaba por atopar unha mirada crítica, feminista e poscolonial que cuestiona dende ese recuncho do mundo a sociedade actual.

Proxeccións:

Venres 8 de setembro de 2023
-22:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)