10 de marzo

Director: Roi Cagiao
Duración: 80' min
Xénero: Documental
Sinopse:

A raíz da negociación do convenio da Bazán Ferrol miles de traballadores do estaleiro saen en manifestación o 10 de marzo de 1972 á mañá polo centro da cidade. En plena ditadura, a Policía Armada tenta interceptar a marcha, e ante a resistencia dos obreiros dispara sobre a manifestación, co resultado de ducias de feridos de bala e dous traballadores mortos: Daniel Niebla e Amador Rey.

Proxeccións:

Sábado 9 de setembro de 2023
-19:30 Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)