Extinção

Director: Salomé Lamas
Ano: 2018
Duración: 85 min
Xénero: Documental
Sinopse:

Extinción é un mosaico ecléctico de materiais protagonizado por Kolya, un mozo de nacionalidade moldava que se declara habitante de Transnistria. Os anacos que constitúen este mosaico atraen ao espectador cara o imaxinario colectivo da Unión Soviética.

Cun minimalismo estético que lembra a Tarkovsky e un expresionista branco e negro próximo á fotografía de Bela Tarr, a lisboeta Salomé Lamas retoma na súa terceira longametraxe os conceptos de desarraigamento e frustrante melancolía respecto ao lugar habitado. A cámara segue a Kolya, un mozo moldavo que ten pasaporte ruso debido o seu traballo, pero que se sente cidadán dun país inexistente, Transnistria, que aplica as súas propias leis nun aparentemente calmo estado das cousas que podería crebar en calquera momento. Lamas expón unha Europa que, presumindo de paz, está infestada de fronteiras e de habitantes que cada día cruzan tres países para acudir ao seu traballo.

Proxeccións:

2 de maio ás 22:30
Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)