16 de decembro

Director: Álvaro Gago
Ano: 2019
Duración: 14 min
Sinopse:

Sábado. Cae a noite. O balón móvese rápido dun lado a outro. Os corpos buscan introducirse nos ocos que deixa a defensa. Lucía, vinte e cinco anos, sae de adestrar a balonmán e vai buscar o seu irmán en moto baixo as luces dunha cidade que cre coñecer.

Proxeccións:

· Martes 15 de setembro ás 22:30
Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)
· Sábado 19 de setembro ás 12:00
Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54)