Carmen

Director: Fernando Cornide
Duración: 18 min
Xénero: Documental social
Sinopse:

Neste documental adentrarémonos nunha pequena aldea galega situada ao sureste de Pontevedra, Cabo de Vila. Motivado por todo o que rodea á miña avoa Carmen, decidín irme a vivir con ela ao longo dun mes e medio. Día a día acompañeina na súa rutina, sempre unido á miña cámara.

A través das conversacións que mantiven con ela e con outros veciños da zona, decidín explorar a realidade do rural galego: o despoboamento, a soidade, o sentimento de abandono e a añoranza dunha época dourada no rural.

Proxeccións:

Domingo 10 de setembro de 2023
-20:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)