Gala de clausura

A gala de clausura do festival consistirá na entrega de premios e da Mención Honorífica da presente edición. Estará conducida e amenizada por dous intérpretes de referencia no teatro e o audiovisual galego:

Deborah Vukusic é licenciada en Hispánicas pola U.A.H. e en Interpretación pola R.E.S.A.D. Poeta, guionista e actriz, traballa en cine (Inevitable, La felicidad de los perros…), teatro (Raclette, Monstruación, Presas) e T.V. (El final del camino, LEX, Luci, El Comisario…).

Adrián Ríos (Moaña, 1990) comezou a súa traxectoria en 2007. Licenciouse en Interpretación Textual en 2013 na ESAD de Galicia. Posteriormente formouse en Madrid (Centro del Actor). Entre os seus traballos máis recentes destacan “Fillos do sol”, en teatro; “Fariña” e “Auga Seca”, en tv; e “¿Qué hicimos mal?” en cinema.

Sección oficial FPDC 2020

 

PREMIOS DO PÚBLICO

Longametraxe, curtametraxe e videoclip galegos. 

Longametraxe e curtametraxe da lusofonía

 PREMIOS DO XURADO 

Longametraxe galega 

Longametraxe lusófona

Xurado

Fon Cortizo

Fon Cortizo traballa desde 2002 como realizador, operador de cámara e director de fotografía. En 2015 estrea, no festival Visions du Reel (Suiza), a súa primeira longametraxe documental, Contrafaces. En 2017 arranca unha serie de curtametraxes documentais entre as que destaca Aysha, merecedora do Premio ao mellor Documental no Festival Downtown Urban Arts Festival de Nova York, así como dos premios ao Mellor Guión e Mellor Curtametraxe Galega en Curtocircuíto 2018. A finais de 2020 estreará a súa primeira longametraxe de ficción, 9 Fugas. Actualmente, compaxina o seu traballo audiovisual coa presidencia de CREA, a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e da Realización.

Iria Vázquez Silva

IIria Vázquez Silva é profesora na Universidade de Vigo e doutora en Socioloxía pola Universidade da Coruña coa tese A inmigración senegalesa en Galicia: remesas e coidados en familias transnacionais. Especialista en Estudos de xénero pola Universitat Autònoma de Barcelona e pola Universidade de Vigo, ten traballado no eido asociativo e na investigación social en diversos proxectos relacionados coa inmigración, o xénero e a exclusión social. Recentemente ten coordinado a publicación Cómplices. A violencia machista institucional (2020) de Galaxia. Anteriormente, na mesma editorial coordinou xunto a Laura Rodríguez Salgado Mulleres inmigrantes, lingua e sociedade (2017).

Sara Donoso

Doutora en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Conta con estudos de grao en Belas Artes na Facultade de Pontevedra e dous másters: Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas e Máster en Estudos da Literatura e da Cultura, ambos da USC. Desenvolve actividades de comisariado e xeración de contidos para diversas institucións e colaborou con organismos como a Fundación Rac Arte Contemporánea, a facultade de Belas Artes de Pontevedra ou o Centro Galego de Arte Contemporánea. Forma parte do equipo de Intersección. Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo da Coruña e publicou diversos textos científicos e críticos sobre arte contemporánea e cinema.

Evento

Gala de clausura

Domingo 20 de setembro, 19 h
AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO

Entrada de balde