Maria João Ganga nace en Huambo e fórmase cinematográficamente en Francia, convertíndose no ano 2004 na primeira muller angolana en dirixir unha longametraxe no propio país, dous anos despois de rematada unha guerra civil de vintesete anos de duración. O seu filme, Na cidade vazia, aborda a problemática dos refuxiados de guerra a través do punto de vista dun neno, denunciando a desprotección da infancia nos conflictos bélicos. Con esta descripción da desolación contemplada polos ollos da inocencia, o filme colleita numerosos premios en festivais de prestixio internacional, convertíndose nun referente de cara ao recoñecemento e difusión das cinematografías africanas.