Palmarés 2015

Tras cinco días de proxeccións nos que se exhibiron 22 curtametraxes, 13 videoclips e 8 longametraxes realizadas pola xente do audiovisual galego, os espectadores da IV Edición do Festival Primavera do Cine en Vigo decidiron que os tres gañadores deste ano sexan:

Síguenos

Toda a actualidade do festival

Para calquera información, contacta connosco

info@primaveradocine.com

Concertos

Non todo é cine

O Festival Primavera do Cine quere compartir ademais de bo cine, boa música.

  • Cinta adhesiva

    Diferente, auténtico, encantador, y sí, realmente adhesivo.

    La Galería Jazz Xoves 4 de xuño 23:30
  • Samba a dois + Um

    A música brasileira, definitivamente, ten "algo". Joao, Antón Galovart e Roi Adrio tamén.

    La Galería Jazz Venres 5 de xuño 23:30
  • Bloquinho APERTA

    Non cabe dúbida de que os seus ritmos afro-baianos saberán animar a noite...

    Praza do Rei Sábado 6 de xuño 23:30

Gala de inauguración

Proxección de pezas breves de cine mudo musicalizadas en directo por Caspervek Trío, que interpretarán composicións orixinais feitas para eses filmes.

Curtametraxe “Água” (Manuel Carneiro, 2014) dentro da mostra de cine lusófono.

Longametraxe “Une histoire seule” (Xurxo Chirro, 2014). Debate posterior.

Viños e petiscos.

Gala de clausura

A gran tardiña

A presentación da gala correrá a cargo de Inversa Teatro, con dúas persoaxes que veñen do seu último espectáculo “Té con Kant”.

Antes da entrega de premios (na que sempre cae algunha bágoa), proxección do filme “O estranho caso de Angélica” (Manoel de Oliveira, 2010) en homenaxe a un dos mestres do cine.

Música en directo do grupo Camarada Nimoy e petiscos de luxo a modo de despedida. Emoción asegurada.

Edicións anteriores

29-05-2015

Inauguración oficial do Primavera 2015

O pasado venres 29 de maio, Juan de Castro, Director do festival, xunto a Cayetano Rodríguez, Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, inauguraban oficialmente ante a prensa a cuarta edición do Festival Primavera do Cine en Vigo.

Cayetano Rodríguez enxalzou a calidade do festival e a súa internacionalidade, e defendeu o compromiso do Concello, mentras Juan presentou a selección oficial, a mostra lusófona e as actividades complementarias.

Isto vai comezar!

Grazas aos nosos colaboradores