Maria Esperança Pascoal (Pocas Pascoal) é unha cineasta nacida en Luanda, de pais mestizos angolano-portugueses. O seu periplo vital ven marcado polo exilio provocado pola guerra. O seu filme Alda e Maria, Por aqui Tudo Bem (2011), de inspiración autobiográfica, indaga nunha temática común a doutros artistas angolanos: a procura da identidade, persoal e cultural, a superación da pobreza (ou mesmo da miseria) e as feridas dunha guerra que semella interminable.

Afortunadamente, este ano contaremos coa presenza de Pocas Pascoal para presentar o seu traballo o día 12 de maio.