O Primavera busca voluntarios

O festival, que celebra a súa quinta edición entre os vindeiros 19 e 29 de maio, medra, tanto no tempo coma no espazo, polo que se precisan voluntarios para botar unha man no Auditorio do Concello, no MARCO e no Instituto Camões.

Os interesados terán a oportunidade de coñecer un festival de cinema desde dentro, traballando pero tamén participando da ilusión e, por suposto, acreditados para pasar a todas as sesións e actividades de balde. Durante os días do festival, as tarefas requeridas son: asistencia en salas e proxeccións; información e atención ao espectador; montaxe e reforzo en charlas e master class, e soporte aos invitados.

Se queres formar parte do equipo, non dubides en escribir a info@primaveradocine2017.dev.cc.

Vémonos no cine!

 

Deixe unha resposta