Escolma de proxectos de Waka Films

SÁBADO 13, 12:00H · AUDITORIO MUNICIPAL DO CONCELLO

Waka Films é unha ONG especializada en comunicación para o cambio social. Aínda que constituída en abril de 2016 os seus socios levan dende o ano 2013 operando no mundo da cooperación e moito antes no do audiovisual.

Waka Films ten colaborado con multitude de institucións como AGARESO (Asociación galega de Xornalistas Solidarios) e Arquitectura sen Fronteiras en proxectos no Salvador, Senegal e Guatemala. Froito destas cooperacións nace El derecho al Techito, peza rodada en Guatemala no ano 2015 que trata non só de mostrar o traballo de ASF na promoción social da vivenda, tamén trata de afondar no porqué desa situación, contextualizando unha realidade complexa, e apoiando a idea da vivenda non como mercancía, senón como un dereito.

Waka Films, coproduciu tamén o documental El Secreto del bosque con Ecoguinea e outras intitucións que operan en Guinea Ecuatorial. Obra que todavía está en circuito de festivais e que xa acadou algun que outro premio. Ademáis, no ano 2016 realizou unha serie de 5 reportaxes para o PNUD (Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento) en Guinea Ecuatorial. Tamén, ese mismo ano, Waka Films produce outra reportaxe para a ONG norteamericana WCS (Sanving Wildlife and Wild Places).

Actualmente, Waka Films está a comezar unha nova aventura, a producción de Manoliño Nguema, proxecto que terá como escenarios tanto Galicia como Guinea Ecuatorial mostrando como a cultura pode unir ferreamente duas terras tan distantes que aparentemente nada teñen que ver entre si.