Génesis Lence é a directora de Sordas, unha curta que busca profundizar nas relacións entre nais e fillas, coa particularidade de que neste caso trátase de dúas persoas xordas. A obra, de gran sensibilidade, conta con Irene Pozo, unha actriz oínte que se puxo o gran reto de interpretar a…
De Fiestuki con la Peñuki é unha app móbil que che permite quedar con outra xente e aparentar que ti tamén tes unha boa vida social, que tes amigos e que o pasas estupendamente. A curta, de Brian Rodriguez, leva ó absurdo o tema das redes sociais, faiche rir… e…
En 1972 e en plena época franquista, Vigo decidiu facer a maior folga da historia de Galicia. Todo comezou co despido de cinco traballadores de Citröen por pedir que se rebaixasen a 44 as horas de traballo e continuou cun parón laboral en toda a cidade e numerosas manifestacións que…
Pelerinaxes é unha longametraxe que mistura a ficción co documental e que está baseada na obra de Otero Pedrayo, Pelerinaxes I. O libro conta o camiño que fixeron o propio autor xunto con Ben-Cho-Shey e Vicente Risco en 1927 dende Ourense ata San Andrés de Teixido e, no filme, é…
Bárbara Iglesias é a primeira piloto de bobsleigh española e, a pesar da súa mocidade, ten moi claro cal é o seu soño: competir nos Xogos Olímpicos. O Tempo Futuro, unha longametraxe de non ficción da produtora Y La Nave Va, é un retrato íntimo da loita de Bárbara por…
Durante a gala terá lugar a entrega de premios aos gañadores das distintas categorías Por primeira vez, un xurado oficial de carácter internacional outorgará os premios nas categorías a mellor longametraxe galega e lusófona O Festival Primavera do Cine en Vigo bota o peche hoxe coa Gala de Clausura que…
Fálanos da túa carreira. É Ocultas na paisaxe a túa primeira curta? Non, é a última 😉 Levo anos facendo curtametraxes. Comecei a dirixir cando era estudante de Comunicación Audiovisual e dende aquela non parei de comunicarme e expresarme con este formato. É certo que os temas e a forma…
Estarán presentes os cineastas angolanos Pocas Pascoal e Zézé Gamboa coas súas pezas ‘Alda e María. Por aquí tudo bem’ e ‘O Grande Kilapy’, respectivamente A cita có cinema africano terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 20.00 h A xornada pechará ás 22.00 h coa Festa dos Videoclips…
A longametraxe estará presentada polo director e a actriz principal, Carmen Méndez A velada rematará co pase de ‘Rendevouz’, a primeira longametraxe de Guillermo Julián y Román Santiago O Festival Primavera do Cine de Vigo proxecta esta tarde Pelerinaxes, cinta do premiado director italiano Simone Saibene. Esta película optou ao…
A presentación do documental sobre o escultor cambadés incluirá un coloquio co director Aser Álvarez e a actuación musical de Deteriorados, dúo composto por Xaime Fandiño e Alfonso Álvarez A programación deste mércores tamén contempla a estrea española de ‘La Declaración de los Objetos’, filme de Cristóbal Arteaga que presentará…
Proxectaranse tres pezas sobre deporte, superación das adversidades e das metas persoais no Auditorio Municipal do Concello O equipo técnico de ‘O tempo futuro’ e o director de ‘Alén do Cosmos’ asistirán ás proxeccións programadas para presentar as cintas e realizar un coloquio final. O Festival Primavera do Cine en…
Como xurdiu a idea de Mamma? Eu xa viña rumiando a idea de facer unha curta en plano secuencia dende facía un tempo, ademais do ¨xogo¨ cos diferentes idiomas e a falta de subtítulos. Cando vives unha tempada no estranxeiro é bastante común que te atopes nunha situación onde ninguén fala…
O Instituto Camões, situado nas históricas e monumentais casas de Arines e Pazos Figueroa do casco antigo vigués, dedícase desde 1998 ao valioso labor de difundir a cultura portuguesa en Galicia. Á parte dunha máis que interesante biblioteca, a institución conta con varias aulas onde se imparten innovadores cursos de Língua…
Organizar unha proxección ao aire libre e con músicos en escena ante ameaza de choiva supón unha temeridade. Pero había que provocar aos elementos nun acto de xustiza poética. Xosé Nogueira, coa sabedoría do historiador, invocou no seu discurso aos espectros do Tamberlick. Contemplamos a maxia das vistas Lumière nunha…
Seguidamente compartimos a información relativa aos prezos, bonos e actividades de balde. En canto ao horario, podedes descargalo en formato pdf Horario Primavera do Cine 2017. PREZOS ENTRADAS LONGAMETRAXES: 3,5 € BLOQUE DE CURTAMETRAXES: 2,5 € GALA DE INAUGURACIÓN: 4 € GALA DE ENTREGA DE PREMIOS: 5 € VIDEOCLIPS: 3…
Comentarios recentes