Sinopse

A épica dunha vontade, a loita por mellorar os territorios que habitamos. Dous territorios, Galiza e Portugal, e unha realidade, os montes veciñais ou baldíos. En todas as mans é unha ollada aos seus habitantes na procura dun horizonte, que os territorios que están nas súas mans sexan creadores de riqueza económica, ambiental e social para os seus pobos. O documentario crúzase no seu camiño para indagar nunha realidade tan próxima como descoñecida. Unha realidade milenaria, única, que debe afrontar, tamén, un futuro.

Diana Toucedo / 100′ / 2015