Una película hecha de

Director: Malena Solarz e Nicolás Zukerfeld
Ano: 2019
Duración: 13 min
Xénero: Documental
Sinopse:

Un cineasta español camiña polas rúas de Vigo e pensa nunha posible película, que termina sendo filmada por dous cineastas arxentinos. Namentres, é Nadal ou Aninovo, hai gaivotas e patos, búscase un barco pesqueiro, alguén gaña a lotería e soa un tema dos Kinks.

Proxeccións:

· Martes 15 de setembro ás 18:00
Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)
· Xoves 17 de setembro ás 18:00
Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54)