Curtametraxes musicalizadas en vivo por Caspervek
Xoves 4 e venres 5 de Xuño de 2015 Auditorio do Concello Vigo

Dar a coñecer aos máis pequenos o cine máis clásico

O público destinatario desta actividade son os alumnos de ensinanza infantil e primaria das escolas públicas e privadas de Vigo e a súa área metropolitana.

A nosa vontade é ofrecer unha actividade lúdica que sirva como estratexia didáctica.

MÚSICA EN VIVO

Trátase de que os rapaces descubran o valor da música en directo e a súa capacidade de dotar dun senso novo ás imaxes proxectadas.

OUTRA MANEIRA DE VER PELÍCULAS

Tamén pretendemos que os rapaces descubran outra maneira de ver as películas e que disfruten de curtametraxes clásicas a través da maxia, os efectos especiais e o humor.

A Casa Encantada
Segundo de Chomón
Les Kirike
Segundo de Chomón
O emigrante
Charles Chaplin
O Gato Felix

Cómo INSCRIBIRSE

Para inscribirse a esta actividade, por favor contacte connosco ao seguinte enderezo electrónico

cinemiudo@primaveradocine.com

Para máis información, non dubide en contactar connosco

cinemiudo@primaveradocine.com
610 200 286

Segundo de Chomón

PIONEIRO DO CINE DE ANIMACIÓN E PRECURSOR DOS EFECTOS ESPECIAIS

Chomón foi un cineasta precursor do cine fantástico e de animación, foi un dos directores pioneiros do cine mudo comparable a figuras do talle dos irmáns Lumière ou Georges Méliès.

En 1906 Chomón é contratado pola Pathé Frères, a produtora máis importante do momento, para facer películas que poideran competir en calidade e éxito con Gorges Melies. Estes filmes inclúense no xénero cinematográfico máis popular do momento: a fantasmagoría.Tratábase de pezas curtas cun forte compoñente teatral que empregaban a maxia, os efectos especiais e o humor.

Chomón realiza durante os primeiros anos do cinematógrafo verdadeiras obras mestras, convertíndose nun cineasta de sona internacional. A súa obra é considerada, en conxunto, como os verdadeiros inicios do cine de animación, pola maneira en que desenvolveu a técnica do stop-motion.

Tamén é considerado o primeiro técnico de efectos especias, chegando a elaborar no cinema italiano as trucaxes da primeira longametraxe da historia: “Cabiria” (Giovanni Pastrone, 1914) e a obra mestra do cine mudo francés: “Napoleón” (Abel Gance, 1927).

Caspervek Trío

Caspervek Trio é unha agrupación instrumental formada en Vigo en 2013 que trata de apretar a música a distintas disciplinas artísticas, conxugando elementos visuais y sonoros.

Unha das actividades principais do trío é a composición e musicalización en vivo de películas clásicas do cine mudo, así como proxectos de creación audiovisual contemporánea e concertos didácticos.

Campamento de verano Bilingüe - InglésMás información
986 117 583
www.ocioinfantiltrasnos.com