Historiador, xornalista, crítico cinematográfico, realizador… En 1988 é contratado como técnico na Area de Imaxe da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia. En 1989 participa no deseño do Centro Galego de Artes da Imaxe e da Escola de Imaxe e Son de Galicia, institucións nacidas baixo o espíritu dinamizador e activista das XOCIVIGA.