É un colectivo multidisciplinar de artistas que fai cine en vivo. O colectivo nace en 2012 co obxectivo de explorar as posibilidades expresivas que se atopan nas fronteiras entre os campos escénico e audiovisual. O seu traballo combina artes visuais, teatrais e performativas coa creación de audio e video en tempo real apoiándose no uso de cámaras e micrófonos para facer películas en directo.

STRPTS

(estriptis) é unha historia de intriga por episodios creada en vivo e en directo sobre o escenario e retransmitida audiovisualmente ‘in situ’, en tempo real e nunha gran pantalla.

O espectáculo transpórtanos a un universo en miniatura feito de cartón reciclado para contar unha trama tinguida de misterio, sexo, corrupción, asesinatos e persecucións.

O público ve nunha gran pantalla a proxección da historia como se dunha película se tratara. Simultáneamente, poderá ver o seu ‘making off’: como os actores-manipuladores interveñen movendo personaxes e obxectos nese mundo en miniatura ao mesmo tempo que o filman con cámaras, como xeneran sons para crear unha atmósfera inquietante ou como empregan a palabra para dar voz aos personaxes.

Esta edición en tempo real combinada coa creación en vivo -ambas irrepetibles, pois non están exentas de certas dosis de aleatoriedad- xeneran unha experiencia presencial única e irrepetible no espectador.