Xurado do Primavera do Cine 2021
GON CARIDE
Gon Caride naceu en 1983 nunha pequena aldea de Galicia.
Con 25 anos emigrou a Nova York (EE. UU.) onde estudou Realización e Dirección de Fotografía.
Desde entón, traballou nun gran número de proxectos como guionista, director, director de fotografía, editor e asistente de dirección nos Estados Unidos, o Reino Unido, Polonia, Francia e España.
As súas curtametraxes, tanto narrativas como experimentais, foron seleccionadas e premiadas en máis de 75 festivais ao redor do mundo.
Na actualidade ten dúas curtametraxes viaxando por festivais, está a acabar un novo proxecto narrativo e ten outros tres guións de curtametraxe listos para empezar a súa produción.
Desde hai uns meses, reside nun pequeno pobo de Galicia (onde decidiu instalarse indefinidamente) coa súa parella e os seus tres cans.
LOLA CORREA
Actriz, docente de interpretación, dramaturga e xestora cultural. Está licenciada en Dramaturxia e Dirección de escena pola Real Escola Superior de Arte Dramática. Entre 2002 e 2017 dirixiu o Festival das Artes Escénicas de Vigo ALT. Impartiu clases de expresión corporal, e dirixe a aula de teatro para adolescentes de Gondomar. Imparte talleres de Training de interpretación e Escritura Creativa na UNED. Foi actriz durante dez anos en compañías afeccionadas e profesionais en traballos de teatro e cabaret. Traballou en publicidade, cinema e series de televisión.
ALEXANDRE ESCARIZ
Licenciado en economía e en comunicación audiovisual. Fixo o seu proxecto de carreira sobre “o teatro do absurdo na comedia cinematográfica”. Cofundou o Cineclub Sunset Boulevard e ten unha sección de cine no programa ‘Más de Uno’ de Onda Cero.