Paper Cinético

Paper Cinético

Logo dunha longa traxectoria ensinando cine e un amor inexplicable polo papel, Belén Veleiro decidiu crear “Paper Cinético“, unha actividade que reflexiona sobre o “papel” do papel no cinema explorando as infinitas posibilidades deste formato que permite transformar, entre outras cousas, a bidimensionalidade dunha folla de papel nun obxecto tridimensional en movemento.

A ACTIVIDADE
O zoótropo foi un xoguete moi popular na súa época e un dos avances para a aparición do cine. Zoo significa vivo, activo, e o que conseguimos con este aparello xigante é darlle vida a obxectos inmóbiles.

Na construcción deste aparello traballaremos tamén os rotorelieves de Duchamp. Unha experiencia espectacular!

OS OBXECTIVOS
– Comprender a natureza da imaxe en movemento e a ilusión óptica.
– Descubrir as posibilidades do cine como xogo de maxia.
– Crear a nosa propia película ou os nosos gifs analóxicos!
– Queremos facer o zoótropo máis grande do mundo.

• PARA TODAS AS IDADES, xs máis peques mellor acompañadxs.

• O número máximo de persoas é de 20 debido ao protocolo COVID.

• Metodoloxía: En 3 horas construiremos este aparato xigante e animaremos diferentes obxectos : bonecos, plantas, un bolígrafo….

Inscríbete enviando un correo electrónico a info@primaveradocine.com

Obradoiro

Paper Cinético

Sábado 11 de setembro, 17:15 h

MUSEO DE ARTE CONTEMPORÁNEA MARCO

Inscricións no correo info@primaveradocine.com