Paper Cinético

Paper cinético

Logo dunha longa traxectoria ensinando cine e un amor inexplicable polo papel, Belén Veleiro decidiu crear Paper Cinético, unha actividade que reflexiona sobre o “papel” do papel no cinema explorando as infinitas posibilidades deste formato que permite transformar, entre outras cousas, a bidimensionalidade dunha folla de papel nun obxecto tridimensional en movemento. Trátase dunha cita apta para todas as idades, aínda que o público miúdo debe ir acompañado.

Entrada de balde con inscrición previa na conta info@primaveradocine.com

Prazas limitadas

Belén Veleiro

(Santiago de Compostela, 1982) 

Licenciada en Belas Artes e técnica en Fotografía Artística, os seus intereses rondan a videocreación e o manipulado de material analóxico. Participa en proxectos colectivos como M8 (colectivo aberto no que manipulan película de 8 mm en directo), Papel Medium (Proxecto musical de Javi Álvarez e Álvaro Barriuso) ou Proxecto Remolque. O seu proxecto persoal, Paper Cinético, é unha volta ao precine.

Obradoiro sobre a maxia do cinema

Paper Cinético

Sábado 17 de setembro, 17:30 h

Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (Rúa Eduardo Chao, 17, 36202 Vigo)

Inscricións no correo info@primaveradocine.com