Gala de inauguración

O mércores 1 de maio ás 21 h. fronte o Mercado do Calvario, dará comezo a gala de inauguración do Primavera do Cine. Será xa a oitava gala deste festival que xurdiu con ganas de revolución, co desexo de reencantar á poboación en tempos de crise e achegar o cinema máis libre e militante a toda a veciñanza. Partindo desta premisa, queremos que esta oitava edición arrinque o Día Internacional do Traballo cun evento ao aire libre no que se proxectará unha das grandes obras mestras do cinema documental actual; trátase de No Intenso Agora, un filme do brasileiro João Moreira Salles que constrúe unha historia das revolucións coma nunca antes foran contadas.

Durante o acto de apertura farase entrega da mención honorífica a Manolo González, unha das persoas máis comprometidas co noso audiovisual e referente xa para varias xeracións de cineastas, a quen queremos agradecer o seu incansable labor a prol do cinema galego.

Evento

Gala de inauguración do Festival e entrega da mención honorífica a Manolo González

Mércores 1 de maio / 21.00h
CALVARIO (Rúa Urzáiz 162 / Fronte o mercado)