The Neverending Wall

Director: Silvia Carpizo
Ano: 2016
Duración: 12 min
Xénero: Animación

Seele recorre o tramo que permanece en pe do Muro de Berlín, hoxe denominado a East Side Gallery trala súa transformción nunha gran galería de arte con grafitis pintados por máis de 100 artistas de todo o mundo. Arte sobre un muro caído para recordarnos que éste debería ser o último muro.

The Neverending Wall é un alegato contra a violencia que xeneran os muros. Contra todos os muros.

Físicos ou mentais.

Arte para axudarnos a comprender a grandeza da diversidade.

Premios:

Tehran International Short Film Festival.

  • Mellor animación internacional.

Proxeccións:

  • Mércores, 9 de Maio ás 18:00h no Auditorio do Concello de Vigo.
  • Xoves, 10 de Maio ás 18:00h no Instituto Camões de Vigo.