Soy una tumba

Director: Khris Cembe
Ano: 2018
Duración: 13 min
Xénero: Animación
Sinopse:

Ambientada nunha humilde poboación costeira na época do contrabando en Galicia, Son unha tumba é o berro dun neno aterrado ao presenciar un crime. O medo arrástrao pola súa imaxinación cara unha vella barca que o fará atravesar a barreira que o separa do mundo adulto.

Premios:
  • Premio do Público e Premio á Mellor Curtametraxe Nacional no 3D Wire Fest (2018)
  • Mellor Curtametraxe de Animación nos Premios Mestre Mateo (2019)
Proxeccións:

3 de maio ás 18:00h
Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)