Só as árbores coñecen o son das balas
Director: Rebeca Lar
Ano: 2021
Duración: 13 min
Xénero: Documental
Sinopse:
Só as árbores coñecen o son das balas é unha conversa audiovisual, unha reflexión sobre o territorio e a paisaxe galega, unha primeira aproximación á investigación de diversos acontecementos relacionados coa guerra civil na provincia de Pontevedra. Nesta curtametraxe descríbense casos concretos con pinceladas esbozadas, outorgando importancia á natureza como testemuña de todas as accións relatadas e, probablemente, de moitas máis.
Proxeccións:
· Mércores 14 de setembro de 2022
18:00 Auditorio do MARCO (Príncipe 54)