Resonancias do pasado

Director: Antonio Caeiro & Margarita Teijeiro
Duración: 66 min
Sinopse:

A través de vellas películas que gardaban os veciños de Vilagarcía de Arousa, en Galicia, e donadas a asociación O Faiado da Memoria, vaise reconstruindo un pobo que xa pouco ten que ver con aquel no que fisicamente respecta.

A antiga cercanía do mar ás casas foi cambeada, ao longo dos anos, con distintos recheos que levaron ó mar, incluso as súas praias, a posicións ben alonxadas do orixinal.

Tamén foron variando algunhas das súas tradicións que se foron transformando coa chegada de novos tempos.

Todo elo vai compondo e descompondo un puzle di vivencias e espacios que van desde os anos 20 aos 80 e que un grupo de personas de distintas idades, reunidas arrededor dun proxector nun hipotético salón domiciliario, van comentando así como van vendo as imaxes.

Esa é a banda sonora dunha vida e unha memoria a punto de irse.

Proxeccións:

· Xoves 9 de setembro
19:30 Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)