Primeiro Acto

Director: Matheus Parizi
Ano: 2018
Duración: 19 min
Xénero: Ficción
Sinopse:

André e Gabriel participan nun obradoiro para a súa licenciatura en teatro. A actitude tecnocrática do profesor Fabrizio, só interesado en adestralos como actores, non comprace a Gabriel. Para André, a posta en escena anacrónica non fai xustiza á dimensión política da obra de Shakespeare. De que serve capacitarse cando se están a desmantelar as políticas culturais?

Proxeccións:

1 de maio ás 19:30h
Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)