Por Primera Vez
Director: Octavio Cortázar
Ano: 1968
Duración: 9 min
Xénero: Documental, Vida rural, Cine dentro do cine
Sinopse:
O cinema chega "por primeira vez" ao monte... Esta curtametraxe documental cubana, dirixida por Octavio Cortázar, recolle a experiencia dunha comunidade rural das serras do oriente da illa, onde chega por primeira vez o cinema, grazas aos cinemas móbiles creados con este fin pola Revolución. O espectador recibe as diferentes emocións que a un público de homes, mulleres e nenos do campo provócalle o ver o primeiro filme das súas vidas: "Tempos modernos", de Charles Chaplin.
Premios:
- Primeiro Premio Pomba de Ouro no Festival Internacional de Cinema Documental e Curtametraxe de Leipzig, RDA (1968)
- Premio San Gregorio na Semana Internacional de Cinema de Valladolid, España (1968)
- Terceiro premio Apsara de Bronce no Festival Internacional de Cinema de Phnom Penh, Cambodia (1969)
- Premio Fructuoso Gelabert (ex- aequo) do Cinema Club Catalán ao conxunto de filmes cubanos presentados na Semana Internacional de Cinema, España (1975)
Proxeccións:
Martes, 23 de abril ás 19:30h
Multicines Norte (Rúa Vía Norte, 22, Vigo)
Entrada de balde