Os fillos da vide

Director: Ana Domínguez
Ano: 2017
Duración: 70 min
Xénero: Documental
Sinopse:

Volvendo ás súas raíces, Ana Domínguez mergúllase nunha viaxe que vai do persoal ao ancestral a través dos ciclos da vida e das estacións; os viñedos, a vendima e o viño. Os ritos, os ritmos da natureza e as tradicións, a través das paisaxes e de quen os habita, debuxan esta mirada na que etnografía e emoción se fusionan nunha revelación das correntes pagás e míticas desas bacanais que son as festas populares, explosións de fertilidade e de vida. Ana Domínguez propón na súa ópera prima unha reivindicación do vínculo humano coa natureza. Para xerar esta bela alegoría narrativa que recrea non só o paso do tempo, senón tamén os sentimentos e as emocións, a directora recorre ao uso de diferentes formatos e texturas na filmación. Este xogo de contrastes permítelle experimentar coa articulación espazo-temporal, á vez que proporciona un carácter onírico ao filme que transcende o meramente documental para materializarse nunha fermosa e emotiva poética experimental.

Proxeccións:

2 de maio ás 18:30
Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)