Neuronas a ceo aberto
Director: Lucía Estévez
Ano: 2021
Duración: 6 min
Xénero: Experimental
Sinopse:
Sobre texto e interpretación da poeta Estíbaliz Espinosa, Lucía Estévez conecta elementos aparentemente distantes como a física, a exploración do espazo e a arte de Maruja Mallo co que está por chegar.
Este videopoema foi realizado para a exposición Galicia Futura, comisariada polo historiador da arte Miguel Ángel Cajigal e a química Deborah García Bello, recoñecidos divulgadores do eido da cultura e da ciencia, respectivamente.
Proxeccións:
Xoves 15 de setembro de 2022
· 18:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)