Lucía

Director: Humberto Solás
Ano: 1968
Duración: 160 min
Xénero: Drama
Sinopse:

Lucía narra tres episodios diferentes da historia cubana vistos a través de tres mulleres diferentes que coinciden no nome (Lucía), Os tres períodos históricos son: a guerra de Cuba pola Independencia de España, a década de 1930 e a década de 1960.
En "Lucía", Humberto Solás interpreta o tema da loita dos cen anos de forma totalmente nova: unha epopeia en tres episodios distintos, cada un centrado ao redor dunha muller, Lucía, que se desenvolve nun período diferente da historia cubana, correspondente ás tres etapas do colonialismo, o neocolonialismo e a revolución socialista. Os tres episodios preséntannos tamén "Lucías" de diferentes clases sociais.
Segundo Solás, "o papel das mulleres revela as contradicións dun período e faias evidentes. Lucía non é unha película sobre as mulleres senón unha película sobre a sociedade".

Premios:
  • Premio de Ouro a Humberto Solas no Festival Internacional de Cine de Moscú (1969)
Proxeccións:

Martes, 23 de abril ás 19:30h
Multicines Norte (Rúa Vía Norte, 22, Vigo)
Entrada de balde