Gallo
Aitor naceu cun glaucoma conxénito que lle fixo perder a visión do ollo dereito con tan só catorce anos. Aínda que os médicos lle recomendaron que non volvese surfear, decidiu non seguir os seus consellos e perdeu a vista nun fatídico accidente mentres facía surf. Tiña 39 anos. Hoxe, 5 anos despois do accidente, Aitor quere demostrar que as persoas con discapacidades poden enfrontarse a calquera reto que se propoñan, pero para iso terá que prepararse física e mentalmente. Sobre todo, terá que vencer as dúbidas e os medos por volver revivir o accidente que o deixou cego.
A ópera prima de Antonio Díaz Huerta, estreada na pasada edición do Festival de Cine de San Sebastián, é un filme vital centrado na (extraordinaria) cotidianidade de Aitor Francesena, “Gallo”, un home que, lonxe de darse por vencido, logrou ser Campión do Mundo de Surf Adaptado. Gallo é unha historia de superación tanxible, próxima, un fermoso e apaixonante relato de sacrificio, inconformismo e amizade.
3 de maio ás 18:30
Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei s/n, Vigo)