Fakir
A longametraxe documental Fakir retrata o éxito do faquirismo en Brasil, América Latina e Francia. Este espectáculo que ten a súa orixe nas artes circenses é presentada e analizada a través de arquivos que revelan a notoriedade dos campionatos de resistencia á dor e a gran asistencia que tiñan estes eventos, todo un reclamo para políticos e funcionarios gobernamentais.
De entre toda a pluralidade cultural brasileira, o faquirismo é habitualmente pouco salientado, non só pola inmensidade artística do país, senón tamén pola falta de comprensión da que esta manifestación estética, física e psicolóxica é obxecto. De aí o sorprendente da proposta de Helena Ignez, un documental que xa sería valioso de se centrar unicamente na historia e perspectiva persoal de faquires, faquiresas e o seu abraiado público; pero a cineasta vai máis aló, dotando ao filme dunha interesante perspectiva feminista. Non en van, o faquirismo é maioritariamente exercido por mulleres que procuran a súa liberdade a través das diversas facetas desta disciplina; ben pola forza que esixen as probas de resistencia, ben pola arte de dominar un animal tan popularmente recoñecido como símbolo fálico como é a cobra.
· Xoves 17 de setembro ás 22:00
Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)