Eroski Paraíso

Director: Jorge Coira, Xesús Ron
Ano: 2019
Duración: 75 min
Xénero: Ficción
Sinopse:

Eva e Antonio coñecéronse na sala de festas Paraíso en 1989. Esa mesma noite, Eva quedou embarazada. Pasados uns meses, casaron e tiveron unha filla: Alejandra. Hoxe Alejandra medrou, prefire que lle chamen Álex e soña con converterse en cineasta. Logo de rematar os seus estudos en Barcelona volve a casa para rodar un documental sobre a vida dos seus pais. Pero agora Eva e Antonio están divorciados, e a antiga discoteca onde se coñeceron é un supermercado Eroski.
Eroski Paraíso é un filme moi noso, unha agridoce comedia cargada de tenrura que explora a memoria colectiva e a transformación das relacións nunha comunidade pequena. Baséase en historias reais que sucederon no Paraíso, unha famosa sala de festas de Muros que pechou en 1990 e que, ao cabo dos anos foi convertida nun supermercado Eroski. Un feito que, cambiando os nomes, se repetiu en infinidade de lugares de España onde os cines, as salas de festa e outros espazos mudaron en espazos de consumo. Esta é tamén unha historia de desarraigo: a historia de alguén que non parou en ningún sitio para volver ao mesmo punto de partida, coma se tivese estado parada no mesmo lugar mentres todo se transformaba ao seu redor.

Proxeccións:

· Venres 18 de setembro ás 22:00
Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)