Clandestinos

Director: Fernando Pérez
Ano: 1987
Duración: 89 min
Xénero: Thriller, Drama, Romance, Revolución Cubana, Anos 50
Sinopse:

Nos tempos previos á revolución cubana, Ernesto Ardeniz recibe na prisión a inesperada visita de Nereida, unha moza descoñecida e de estraña aparencia que o fai desconfiar. Pero a súa máis próxima compañeira de loita explicaralle despois a Ernesto que se trata dunha rapariga inexperta pero con moitas ganas de axudar. Xa en liberdade, Ernesto e os seus compañeiros reorganizan o grupo clandestino que loita contra o ditador Batista. Perseguidos polos servizos secretos de Batista, Ernesto empeza a sentirse atraído pola nova. Así, a pesar de atravesar unha época tan convulsa o amor xorde entre eles, paralelo á loita armada que condicionará as súas vidas.

Premios:
  • Premio Coral de actuación feminina (Isabel Santos) no IX Festival Internacional do Novo Cinema Latinoamericano, a Habana, Cuba (1987)
  • Premio Rubén Martínez Villena, outorgado pola UJC e o Ministerio de Cultura no IX Festival Internacional do Novo Cinema Latinoamericano, a Habana, Cuba (1987)
  • Premio Opera Prima no X Festival Cinematográfico de Tashkent, URSS (1988)
  • Premio Coral de Opera Prima no IX Festival Internacional do Novo Cinema Latinoamericano, a Habana, Cuba (1987)
Proxeccións:

Mércores, 24 de abril ás 20:00h
Multicines Norte (Rúa Vía Norte, 22, Vigo)
Entrada de balde