Carne

Director: Camila Kater
Ano: 2019
Duración: 12 min
Xénero: Animación
Sinopse:

Crúa, pouco feita, ao punto, feita e moi feita. Pintada sobre un prato de cerámica, Rachel Patricio é unha nena gorda e un desgusto para a súa nai. Durante a adolescencia, Larissa Rahal redescobre o seu corpo e o potencial da menstruación a través das pinceladas de acuarela. No auxe da mocidade, a cantante Raquel Virginia expón os riscos aos que cada día se enfronta por ser quen é. A actriz Helena Ignez, icona do Cinema Novo e Marxinal de Brasil, debuxada en tinta chinesa sobre o negativo de 35mm, conta como o seu corpo foi importante para a súa profesión artística, pero tamén como foi obxecto de abusos. Cinco mulleres e a súa relación co corpo, desde a infancia á terceira idade, compoñen Carne.

Proxeccións:

· Martes 15 de setembro ás 18:00
Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54)
· Sánado 19 de setembro ás 19:30
Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54)