Cães que ladram aos pássaros
Director: Leonor Teles
Ano: 2019
Duración: 20 min
Xénero: Ficción
Sinopse:
As clases remataron. Séntese a ledicia no ar. Os turistas enchen as rúas e os cafés do Porto. O vello e decadente é agora vendido como punto alto da xentrificación. Vicente móvese pola cidade coa súa Órbita azul e observa a constante transformación urbana. O Porto xa non é o mesmo, e el tampouco. Entre familia e amigos, Vicente vive con expectativas os primeiros días de vacacións, que traen a promesa de mudanza e a incerteza dunha nova vida.
Proxeccións:
· Martes 15 de setembro ás 19:30
Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54)
· Sánado 19 de setembro ás 18:00
Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54)