Atalaia/Piueiro

Director: Xisela Franco
Ano: 2022
Duración: 8 min
Xénero: Documental
Sinopse:

Unha aproximación ao mundo do mar desde a etnografía experimental, entre o documental e a poesía, sobre o mundo das redeiras e sobre a carpintería de ribeira. Para a primeira parte da obra contouse coa colaboración da Asociación de Redeiras do Baixo Miño Atalaia, mentres que na segunda parte traballouse man a man coa Asociación de Embarcacións Tradicionais O Piueiro. Este díptico terra/mar - masculino/femenino trata de dar visibilidade ao patrimonio inmaterial da vila, de crear emocións arraigadas ao territorio e á súa xente, ao tempo que facer antropoloxía audiovisual. Ademais, entrelázase o presente con arquivo persoal de Joaquín Costiña, fotógrafo, que son as primeiras imaxes fílmicas atopadas de A Guarda de finais dos anos 20.

Proxeccións:

Venres 16 de setembro de 2022
· 18:00 Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)