As Mortes

Director: Cristóbal Arteaga
Ano: 2019
Duración: 75 min
Xénero: Ficción
Sinopse:

Roxelio e Maruxa viven nunha pequena poboación galega. Roxelio é agricultor. Maruxa ten unha enfermidade crónica. Roxelio non coñece a Maruxa. Maruxa non coñece a Roxelio. Roxelio matou a Pilar. Maruxa tamén.
A nova película de Cristóbal Arteaga, quen xa participou neste festival en varias ocasións, convídanos a gozar dunha grata experiencia audiovisual que atrapa co seu ritmo cadencioso, rodada en galego e unha marabillosa fotografía en branco e negro. As mortes ciméntase no cinema negro, xénero do que Arteaga escolle elementos como a inclusión de personaxes que ameazan a seguridade do asasino, sombras que acurralan a intranquilidade de quen se sabe culpable ou mesmo algún que outro xiro inesperado. O filme mestura o suspense coa escura sordidez que alimenta a crónica negra, recorrendo a esas aldeas semibaleiras onde algúns aínda cren que non pasa nada; e aínda que co seu premeditado desexo de aproveitar este feito parecese que todo acontece cun ritmo excesivamente lánguido, a soa idea na que se basea, cos seus baleiros argumentais intencionadamente dispostos, converte As mortes nun filme que irradia autenticidade.

Proxeccións:

· Venres 18 de setembro ás 20:00
Auditorio Municipal do Concello de Vigo (Praza do Rei)