Tras recibir un trato inapropiado no hospital e sufrir as consecuencias dunha episiotomía que se lle practicou sen o seu consentimento durante o parto, a actriz Iria Pinheiro inicia un trámite xudicial contra o Servizo de Saúde Gallego, pero, desanimada perante o complexo e custoso proceso legal, refúxiase no teatro como medio de denuncia. A través dos ensaios e das escenas da obra, Pinheiro conta a súa historia usando a parodia como motor para dar visibilidade a esta realidade oculta.
Proxeccións:
Mércores 14 de setembro de 2022
· 19:30 Auditorio do MARCO (Príncipe 54)