Americano

Director: Fon Cortizo
Ano: 2017
Duración: 17 min
Xénero: Documental
Sinopse:

Con tres anos, Xavier foi vítima de abusos sexuais por parte dun familiar. Aos 16, a súa nai expulsouno de casa. Nas rúas de Nova York, gañouse a vida como prostituto e vendendo drogas nalgúns dos clubs nocturnos do circuíto gai, como The Sound Factory ou Roxy NYC. Tras abandonar a escena de clubs, comezou traballar nunha librería onde descubriu a paixón pola poesía que acabaría cambiando a súa vida. Xavier asegura que a poesía é a “saída para liberarse da dor e a ira”

Proxeccións:

· 2 de maio ás 18:00h
Instituto Camões - Centro Cultural Portugués (Casa Arines, Praça Tenente Almeida, s/n, Vigo)
· 4 de maio ás 19:30h
Museo de Arte Contemporáneo de Vigo - MARCO (Rúa do Príncipe, 54, Vigo)